12 de abril de 2007

Aberto o plazo para apuntarse aos obradoiros de verán

Proxecto de dinamización tecnolóxica: dirixido a xente adulta que non ten ningún coñecemento no manexo do ordenador e das súas aplicacións (internet, procesador de textos...). Se estás interesado chama ao tel.986 833 061 do pazo da Cultura para facer grupos a partir do mes de maio.

Novos grupos en Monteporreiro

A partir de hoxe, os xoves e venres celebraranse novos obradoiros no IES de Monteporreiro.

Veciños de "O burgo" son os seguintes en apuntarse os obradoiros

Os veciños do barrio de "O burgo"comezaron onte o obradoiro de iniciación á informática. O horario do obradoiro é os mércores de 20 horas a 21:45 e terá unha duración de 6 sesións no que combinaremos o manexo básico do ordenador con utilidades básicas de Internet.

10 de abril de 2007

Os veciños de Xeve comezan hoxe un obradoiro de informática

O obradoiro consta de dúas partes: "Os primeiros pasos no PC" e "Manexo básico de Internet"
Gracias a colaboración de todos eles, da asociación "Tres Pinos" e do CEIP Santo André de Xeve e posible que o obradoiro se realice.

13 de marzo de 2007

A asociación "Beira do Rio" de Ponte Sampaio comeza hoxe unhas xornadas informáticas

Neste obradoiro hai que agradecer a colaboración do CEIP de Ponte Sampaio que moi amablemente colaborou có proxecto.

9 de marzo de 2007

Pais e nais de Verducido convencidos en reduci-la brecha dixital

Hoxe comezan un obradoiro basico de informatica e internet, gracias a colaboración do colexio Verducido as nais terán a oportunidade de coñecer as distintas posibilidades que ofrecen as Novas Tecnoloxías. O obradoiro terá lugar os vénres de 17 a 19 horas no colexio.

2 de marzo de 2007

Axudas para mercar un ordenador

Ola!

A Xunta de Galicia ofrece axudas para mercar un ordenador ós rapaces matriculados no ano 2006-2007 en primaria e secundaria de calquera centro escolar sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. Así que se es pai, nai ou tutor de rapaces con esta característica...

¡non perdas a oportunidade!

Consulta as bases no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasord/orde23Febreiro2007.pdf

O prazo remata o 3 de abril!