Ola!
Pertenezo a Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información e a miña función é a de acercar as Novas Tecnoloxías a toda a poboación do Concello de Pontevedra.
Entre outras cousas e debido a que a poboación de Galicia está nunha moi mala posición en canto o coñecemento e o uso das Novas Tecnoloxías, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia desenvolveu un proxecto de dinamización tecnolóxica para toda Galicia có fin de reducir a "fenda dixital" que temos, sobre todo no rural da Comunidade.
Con todo isto, xorde o dinamizador tecnolóxico cuxo papel principal é ser o encargado de recoñecer poteciais de uso productivo, educativo e de ocio enriquecedor, que poidan existir no contorno das novas tecnoloxias a todo tipo de público.
Algunhas funcións do Dinamizador Informatico poderían ser:
·Promover o acceso libre e gratuíto dos cidadans as Tecnoloxias da Informacion.
·Fomentar habilidades emprendedoras que contribúan a minorizar a "fenda dixital".
·Difundir a cultura local e rexional na rede.
·Asesorar en materia tecnoloxica a organizacions sociais, institucions, empresas, etc...
·Reducir a fovia a Internet e as novas tecnoloxias que presentan alguns colecctivos sociais.
·Potenciar Internet como medio de comunicación e información entre os cidadáns e a Administracion Local.
·Asesorar ás empresas no uso de Internet como instrumento de desenvolvento empresarial.
Con todo isto, ¡o blog queda inagurado! a partir de agora podedes deixar as vosas opinións e propostas aqui ou na dirección de correo electrónico dinamizacion.pontevedra@gmail.com